Vida Céltica foi unha revista editada en Vigo en 1925.
Historia e características
Subtitulado Revista semanal gráfica-literario-informativa, apareceu o 25 de maio de 1925El Pueblo Gallego, 19-5-1925, p. 1. co título de Vida Céltiga e aos poucos meses modificou a súa cabeceira pola de Vida Céltica. Semanario de información e crítica literaria (saía os luns)El Pueblo Gallego, 26-5-1925, p. 1. fundado por José Gómez Posada-Curros e patrocinado pola casa consignataria de Luis García Reboredo. Incluíu traballos de temática variada e colaboracións literarias en galego e castelán, de Luis Amado Carballo, Victoriano Taibo, Ramón María del Valle Inclán e Leandro Carré Alvarellos; e humor gráfico asinado por Álvaro Cebreiro e Maside. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:1925 en Galicia