Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Traxectoria Catedrático de Estrutura e Institucións Económicas na Universidade Complutense de Madrid. Foi conselleiro delegado e vicepresidente do Banco Exterior de España (1978-1989), presidente da Sociedade Internacional para o Desenvolvemento e da Sociedade Económica Mundial, vicepresidente do Banco Atlántico (1983-1989) e presidente do Banco Simeón (1983-1989). Foi presidente do Banco de Asturias (1990-1996) durante o período en que a entidade financeira estivo baixo o control do grupo británico National Wesminster Bank (Natwest). Realizou traballos sobre o mundo bancario internacional e a economía rexional española.

Recoñecementos

Recibiu a Medalla Castelao en 1988. Obras El fomento a la exportación en el desarrollo económico, 1966. Las regiones españolas ante la asociación con Europa, 1966. Crédito y banca es España: análisis y estrutura, 1971. Dicionario Planeta de Economía, 1980. La transición económica de España, 1990. Estructura Económica. Teoría básica y estructura mundial, en colaboración con José Luis Sampedro.

Notas

Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Medallas Castelao Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid