O FC Turun Palloseura ou FC TPS (alcumado Tepsi) é un equipo de fútbol da cidade de Turku, Finlandia. Foi fundado en 1922 e é a sección de fútbol do club polideportivo Turun Palloseura. Actualmente compite na Veikkausliiga, a máxima categoría do fútbol finés, e xoga os seus partidos como local no Veritas-stadion, un estadio con capacidade para 8.072 espectadores.

Datos do club Tempadas en 1ª: 69 (17 en Veikkausliiga) Tempadas en 2ª: 2 (en Ykkönen) Asistencia: Récord de asistencia a un partido: 15.000 (fronte ao Inter de Milán en 1987) Récord de asistencia a un partido de liga: 9.089 (fronte ao FC Inter en 2009) Goleadas: Máxima goleada en liga: 9–2 (fronte ao FC Haka en 2012), 7–0 (fronte ao FinnPa en 1997 e fronte a FC KooTeePee en 2006) Máxima goleada encaixada en liga: 6-0 (fronte ao MP en 1991 e fronte ao VPS en 2000 Máximos goleadores: Nunha mesma tempada: Marko Rajamäki, 14 (1990)

Palmarés Masculino 8 Mestaruussarja: 1928, 1939, 1941, 1949, 1968, 1971, 1972, 1975 3 Suomen Cup: 1991, 1994, 2010 1 Liigacup: 2012Finland - League Cup Finals

Feminino 1 Naisten Liiga: 1978 1 Liigacup: 2008

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

TPS Categoría:Turun Palloseura