Espacio Coruña é un centro comercial e de lecer da cidade da Coruña.

Características O centro comercial foi inaugurado o 20 de outubro de 2009 despois de tres anos de obras e cun orzamento de 120 millóns de euros"55.000 personas llenaron ayer Espacio Coruña" , artigo en Corunopolis, 21 de outubro de 2009 .. Ten 41.000 metros cadrados, un supermercado de Mercadona, praza con zona de lecer infantil e 8 salas de cine, unha delas con pantalla tridimensional e efectos especiais. O Centro comercial ten prazas de aparcadoiro para 2.000 carros.

En maio de 2013 o centro comercial foi mercado por Eneas Real Estate"El grupo Eneas compra Espacio Coruña tras estudiar hacerse con otros centros" , artigo de Sonia Dapena en El Ideal Gallego, 20 de maio de 2013 .. En outubro de 2013 o centro pasou a estar xestionado por Blackstone. En agosto de 2017 volveu mudar de donos tras ser mercado polo grupo vasco Inbisa.

CC Espacio Coruña ten Certificado Medioambiental, Certificado Final Breeam e Certificado de accesibilidade.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web oficial de Espacio Coruña

Categoría:Centros comerciais de Galicia Categoría:Arquitectura civil na Coruña