Benito Soto Linares, nado o 17 de marzo de 1852 e finado en Chantada o 3 de xaneiro de 1914Necrolóxica en El Regional, 6-1-1914, p. 2., foi un banqueiro e político galego.

Traxectoria Fillo de Luis Soto Martínez. Comerciante en Chantada, intermediario na compravenda de terreos, cobraba efectos de comercio, pagaba xiros e prestaba diñeiro. Foi correspondente do Banco de España, representante da Compañía Trasatlántica, empresa relacionada co transporte marítimo de emigrantes a América, e representante da Compañía arrendataria de Tabacos en Chantada.

Foi nomeado alcalde de Chantada o 1 de xaneiro de 1902. Cesou o 1 de xaneiro de 1904.

Logo da súa morte, a súa muller Amadora Lemos e os seus fillos, para seguir nos negocios, formaron unha Comunidade de Bens co nome de Viuda de Benito de Soto. En 1925 asumiu a dirección o fillo Antonio de Soto Lemos ata o seu falecemento en 1931, pasando a dirección aos seus irmáns Jesús e José de Soto Lemos. En 1964 a familia Soto creou o Banco de Soto.

Vida persoal

Casou con Amadora Lemos e foi pai de Antonio, Jesús e José Soto Lemos. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Corporación municipal de Chantada

Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Alcaldes de Chantada Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en 1852 Categoría:Finados en 1914 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos