Vicente Reboleiro González, nado en Ferramulín (Folgoso do Courel) en 1957, é un escritor galego.

Traxectoria Estudou Maxisterio na Coruña e licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como profesor de Lingua galega e Literatura no IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños. Actualmente traballa como profesor de Lingua galega e Literatura no IES Eduardo Blanco Amor.

Publicou en colaboración con Xoán Carlos Alvarellos Codesido Aires de festa, caderno didáctico sobre as festas tradicionais galegas.

Obras Poesía Prenderei a lareira, 2010, Baía. Aldea viva, 2016, Medulia Editorial.

Obras colectivas Aires de festa, con Xoán Carlos Alvarellos Codesido, 1993, Baía. Xunguidos á terra, con fotografías de Xan G. Muras, 2011, Tribaldes.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do autor en Baía Edicións.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Folgoso do Courel Categoría:Nados en 1957 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes