A diocese de Anglia Oriental (en lingua latina: Diœcesis Angliæ Orientalis, en inglés: Diocese of East Anglia) é unha diocese católica latina, sufragánea da arquidiocese de Westminster, erixida en 1976 en territorios pertencentes até entón á diocese de Northampton. Historia A diocese de Anglia Oriental foi erixida o 13 de marzo de 1976 polo decreto Quod Ecumenicum do papa Paulo VI, cubrindo terreos dos condados de Cambridge, Norfolk e Suffolk que até entón pertencían á diocese de Northampton.

O 2 de xuño de 1976 a nova diocese recibiu o seu primeiro bispo, Alan Clark, anteriormente bispo auxiliar de Northampton e co-presidente da ARCIC (Anglican/Roman Catholic International Commission, Comisión Internacional Anglicana-Católica). Como catedral estableceuse a antiga igrexa parroquial de San Xoán Bautista de Norwich.

Patróns A diocese ten como patróns aos seguintes: Nosa Señora de Walsingham, advocación da Virxe María, nai de Xesús. A súa festividade celébrase o 24 de setembro. San Edmundo o Mártir, rei católico da antiga Anglia Oriental que morreu na loita contra as invasións danesas. A súa festividade celébrase o 20 de novembro. San Fiz de Borgoña, evanxelizador e primeiro bispo dos anglos orientais. A súa festividade celébrase o 8 de marzo.

Episcopoloxio

Alan Charles Clark (26 de abril de 1976 – 21 de marzo de 1995, retirado) Peter David Smith (21 de marzo de 1995 – 26 de outubro de 2001, nomeado arcebispo de Cardiff) Michael Charles Evans (14 de febreiro de 2003 – 11 de xullo de 2011, finado) Alan Stephen Hopes (11 de xuño de 2013 - actualidade)

Véxase tamén Ligazóns externas Diocese of East Anglia, sitio web oficial . Ficha en Catholic-Hierarchy.org .

Anglia Oriental Anglia Oriental