Emmelie Charlotte-Victoria de Forest, nada o 28 de febreiro de 1993 en Randers, é unha cantante e compositora danesa.
Logo de gañar o Dansk Melodi Grand Prix 2013, representou a Dinamarca no Festival de Eurovisión 2013 que se celebrou en Malmö (Suecia) coa canción "Only Teardrops", proclamándose gañadora do certame.
Traxectoria 200px|miniatura|left|Emmelie de Forest actuando no Festival de Eurovisión 2013. Forest comezou a cantar aos 9 anos. Aos 14 anos, colaborou co músico escocés Fraser Neill, facendo aparicións en varios festivais e centros culturais. En 2011 mudouse de Mariager (Xutlandia Setentrional) a Copenhaguen e inscribiuse na escola de cantantes 'Complete Vocal Institute' de Katrine Sadolins.
Foi unha dos dez participantes do Dansk Melodi Grand Prix, que determina o representante de Dinamarca en Eurovisión, que se celebrou o 26 de xaneiro de 2013, onde gañou coa canción "Only Teardrops".
Emmelie de Forest representou a Dinamarca no Festival de Eurovisión celebrado en Malmö (Suecia) o 18 de maio de 2013. Presentouse coa canción "Only Teardrops" e, partindo como favorita, acabou gañando o certame con 281 puntos, onde alcanzou unha marxe de 53 puntos respecto ao que quedou segundo, Azerbaidján.
Discografía Álbums Only Teardrops (2013)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Representantes de Dinamarca en Eurovisión Categoría:Gañadores de Eurovisión Categoría:Cantantes de Dinamarca Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados na rexión de Midtjylland