FORAN (as iniciais en castelán de «Formas Analíticas») é un programa informático CAD/CAM/CAE para o deseño de buques e o sector naval da empresa SENER de Bilbao.

Historia As orixes da empresa están en 1956 cando o enxeñeiro naval Enrique de Sendagorta funda SENER, primeira enxeñería española independente e allea aos estaleiros e ao sector militar e ás súas escolas de aprendices. Con sede en Bilbao, Sener céntrase na execución de proxectos navais dende as súas orixes, entón a empresa tiña 18 empregados, case todos delineantes. Hoxe a empresa ten máis de 1.000 traballadores.

En 1967 Sener presenta FORAN. Posiblemente o primeiro sistema mundial para facer os cálculos das formas de buques. Ata entón facían falta meses para presentar os planos de detalle construtivo e cálculos, todo feito a man. O programa fíxose con recursos propios, cun IBM 1130 e un plotter. O proxecto iniciouse con 12 millóns de pesetas de Sener e outros 50.000 dólares achegados por Litton Systems Incorporated, unha contrata da Armada dos Estados Unidos de América.

Foran forma parte dun grupo de empresas liderado por Sener Ingeniería y Sistemas S.A e ITP. FORAN FORAN é empregado por máis de 150 oficinas técnicas e estaleiros de 30 países no deseño de todo tipo de buques. O sistema FORAN está baseado en módulos independentes para o deseño das distintas partes dos buques.

Os subsistemas FORAN están deseñados para: FORAN Deseño Inicial (formas do buque e características) FORAN Estrutura (materiais e enxeñería) FORAN Maquinaria e Armamento (equipamento) FORAN Deseño Eléctrico (cabreado e maquinaria) FORAN Drafting & Mechanical. CAD (planos construtivos)

Estes módulos compleméntanse con outros como a realidade virtual. Deseño e visionado en 3D do buque o que permite ver como será o buque no proceso de deseño e a súa construción. SENER vende as licenzas do programa xunto coa formación dos técnicos que o empregarán. Esa formación faise tanto nas súas oficinas como nas dos seus clientes. Actualmente o programa funciona baixo Windows baixando moito os requirimentos de hardware que tiña nos anos 1990 cando empregaba ata chaves de hardware para evitar a súa copia. Nos inicios o programa estaba só dispoñible en inglés e toda a documentación era nesa lingua. Tampouco existía documentación técnica nin información do programa proporcionada por empresas alleas a SENER.

O programa pode intercambiar datos en múltiples formatos: DWG, DXF, IGES, STEP, VDA, VRML e XML.

Clientes Histórico de versións FORANAnoNome Características 1965 V1 Uso interno de Sener 1969 V4 Primeiro Cliente, E.N. Bazán 1973 V6 Primeiro cliente internacional 1987 V20 Deseño 3D 1993 V30 Deseño de estrutura e equipamento 1997 V40 Versión para Windows 2000 V50 Novo Kernel Oracle RDBMS 2005 V60 Deseño colaborativo 2010 V70 64 bits 2015 V80 V80R2Fonte: Ingenieros Navales Foran é empregado en España por empresas como50 aniversario de FORAN: Navantia Gondán (Asturias) Abance Construcciones Navales del Norte Aries Ghenova Seaplace Dinain (Galiza) Ministerio de Defensa (Armada Española)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Alejando Gándara. Sener, la historia de su tiempo 1956-2006.

Ligazóns externas Páxina web de Sener .

Categoría:Aplicacións de deseño asistido por ordenador Categoría:Aplicacións de gráficos 3D