Hell é un filme postapocalíptico xermano-suízo dirixido por Tim Fehlbaum que se estreou no 2011. Conta a historia dun grupo de superviventes nunha Alemaña desolada do 2016, cando os raios solares destruíron a atmosfera da Terra e incrementaron as temperaturas 10 °C.
Sinopse Logo de que o Sol convertese ó mundo enteiro nun deserto caloroso e estéril os humanos restantes loitan desesperadamente por sobrevivir. Marie, a súa irmá máis nova Leonie e Phillip diríxense ás montañas no seu coche cos vidros polarizados. Rumoréase que alí aínda é posible atopar auga. No camiño, encóntranse con Tom, que resulta ser un bo mecánico e convértese nun membro máis do grupo. Malia todo, nin Phillip nin Marie confían nel e teñen pensado abandonalo en canto poidan. Durante a súa viaxe caen nunha emboscada dun grupo que caza persoas, coa cal comeza a verdadeira batalla pola supervivencia.
Personaxes Hannah Herzsprung como Marie Stipe Erceg como Tom Angela Winkler como Bäurin Michael Kranz como Micha Lars Eidinger como Phillip Lisa Vicari como Leonie Anne Sarah Hartung como Sophia Lilo Baur como Französin Yoann Blanc como Sohn Micha Ellen Schweiger como Oma Christoph Gaugler como Brückner
Galardóns e nomeamentos 2011: Festival de Sitges: Mellor fotografía.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Suíza Categoría:Filmes postapocalípticos Categoría:Filmes ambientados en Alemaña Categoría:Filmes ambientados en 2016