Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez, nado en Moxico (Angola) o 3 de xaneiro de 1961, é un profesor e escritor galego.
Traxectoria Mestre e Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación (Pedagoxía) pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi director das Escolas Obradoiro de Terra de Montes (Forcarei, 1992-1995), A Xuventude II (Cambados, 1995-1998) e Restauración IV (Tui, 1998-2000). Traballou nas universidades de Vigo (2001-2002) e Santiago de Compostela (2003-2008). Desde 2008 é profesor do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Universidade da Coruña. Investiga sobre os procesos migratorios e as súas implicacións na escola; o contido dos manuais escolares; o emprego das imaxes fotográficas e o cinema como recursos no estudo da memoria escolar.
Obras A Escola da Bandeira. Unha nova escola en Galicia (1909-1936), 2000. Fomento de la Instrucción Gallega, 2002 (coord.). A Herdanza da emigración ultramarina, 2004. Os lalinenses en América. Proxectos educativos e organización escolar. 2005. As escolas de emigrantes e o Pensamento Pedagóxico: Ignacio Ares de Parga e Antón Alonso Ríos, 2006. Nicolás Gutiérrez Campo. O recordo dun bo mestre, dun home bo, 2007.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Páxina na Universidade da Coruña
Categoría:Profesores da Universidade da Coruña Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na provincia de Moxico Categoría:Nados en 1961 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Pedagogos de Galicia