O cabalo salvaxe (Equus ferus) é unha especie do genus Equus, que inclúe ás subespecies do cabalo doméstico e as non domésticas tarpán e cabalo de Przewalski. O tarpán extinguiuse no século XIX, pero o cabalo de Przewalski foi salvado e reintroducido satisfactoriamente en liberdade. O posible antepasado do cabalo doméstico foi o tarpán, que vivía nas estepas de Eurasia no tempo da domesticación. Dende a extinción do tarpán, realizáronse numerosos intentos de reconstruír o fenotipo, dando as razas de cabalos Konik e o cabalo de Heck. Estas razas de cabalo non son consideradas cabalos salvaxes xa que proveñen substancialmente de cabalos domésticos.

O termo "cabalo salvaxe" é usado coloquialmente para referirse ás manda de cabalo silvestre como os Mustang dos Estados Unidos ou os Brumby de Australia. Estes cabalos silvestres son membros indómitos da subespecie cabalo doméstico (Equus ferus caballus), e non deben ser confundidos coas dúas subespecies de cabalos verdadeiramente "salvaxes".

Subespecies E. ferus tivo numerosas subespecies. Só tres sobreviviron ata tempos modernos: O cabalo doméstico (Equus ferus caballus). O tarpán ou "cabalo salvaxe eurasiático" (Equus ferus ferus), outrora nativo de Europa e o leste de Asia. O tarpán extinguiuse en liberdade no século XIX, e o derradeiro exemplar morreu en catividade nun zoo de Ucraína en 1909. O cabalo de Przewalski (Equus ferus przewalskii), tamén coñecido como "cabalo salvaxe mongol" ou "Takhi", é orixinario de Asia central e o Deserto do Gobi. Os dous últimos son os dous únicos grupos que nunca foron domesticados.Colin Groves, 1986, "The taxonomy, distribution, and adaptations of recent Equids," In Richard H. Meadow and Hans-Peter Uerpmann, eds., Equids in the Ancient World, volume I, pp. 11-65, Wiesbaden: Ludwig Reichert Verlag. Porén, puideron existir outras subespecies de Equus ferus e ser o antepasado dos cabalos domésticos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía O léxico da hipoloxía no galego oral. Groba Bouza, Fernando

Categoría:Cabalos Categoría:Animais descritos en 1785