O Club Deportivo Puerta Bonita é un club de fútbol español do barrio de Carabanchel, en Madrid. Fundado en 1942, actualmente xoga na Segunda División B Española, logo de ascender por primeira vez na historia na tempada 2012/13.

Historia O club foi fundado en 1942, sendo un dos máis antigos da cidade de Madrid. Na tempada 1989/90 debuta na Terceira División, categoría á que regresará en 1994 para converterse nun equipo habitual da división.

Na tempada 2011/12 acabou en terceira posición, xogando a promoción de ascenso a Segunda B por primeira vez na súa historia. O equipo non puido pasar da primeira rolda, na que caeu eliminado polo Muro por un global de 2-3. Na tempada 2012/13 clasifícase novamente para a promoción, esta vez como campión do grupo VII. O equipo empatou 0-0 no campo da AD San Juan e venceu 1-0 en Madrid, subindo por primeira vez a Segunda B.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas. Uniforme alternativo: Camiseta azul , pantalón azul e medias azuis.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ª B: 1 Tempadas en 3ª: 18

Historial na liga TempadaCategoríaPostode 44-45Rexional—a 83-84Rexional—1984/85Preferente14º1985/86Preferente11º1986/87Preferente9º1987/88Preferente6º1988/89Preferente7º1989/903ª18º1990/91Preferente5º1991/92Preferente2º1992/933ª18º1993/94Preferente3º1994/953ª17º1995/963ª15º1996/973ª17º1997/983ª17º TempadaCategoríaPosto1998/993ª8º1999/003ª17º2000/013ª12º2001/023ª13º2002/033ª14º2003/043ª20º2004/05Preferente4º2005/06Preferente1º2006/073ª11º2007/083ª14º2008/093ª17º2009/10Preferente1º2010/113ª12º2011/123ª3º2012/133ª1º2013/142ªB—

Palmarés Terceira División Española (1): 2012-13

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial

Puerta Bonita