Ramón Lafuente Rodríguez, coñecido como "Alemán", nado en Ourense cara a 1907, foi un mecánico e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria Mecánico de profesión. Militante comunista, organizou as sociedades agrarias da contorna ourensá. Nas eleccións de novembro de 1933 foi detido en Ourense por coaccións.Galicia, 22-11-1933, p. 2. En 1936 era presidente da Casa do Pobo de Ourense e secretario do Comité da Fronte Popular. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou unha partida de resistentes nos montes do concello de Canedo. Logrou fuxir da represión e foi xulgado en rebeldía. Estivo agochado no monte nos arredores de Chantada e recibiu axuda de Luís Soto para pasar a Portugal. En 1937 apareceu en Portugal dirixindo un grupo guerrilleiro con base en Cambedo. Abríronlle expediente de responsabilidades poíticas en 1941.BOE, 9-12-1941, p. 4552.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Expediente Responsabilidades políticas
Categoría:Políticos do PCE
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1907