O termo base pode referirse a:

En ciencia e tecnoloxía En matemáticas base dun sistema de numeración é o número de obxectos que forman unha unidade de orde superior.; base, conxunto xerador e linearmente independente dun espazo vectorial; base, subconxunto dunha topoloxía capaz de xerala; un número que é elevado a unha potencia, ou base dunha función exponencial; a base dunha función logarítmica; un dos lados paralelos dun trapecio ou o lado non igual do triángulo isóscele; base, en xeometría de sólidos, refírese á superficie que serve de cimentación ou soporte sobre a que este repousa.

En química e bioquímica En química, unha base é o complemento reactivo dun ácido, ou ben unha substancia que pode ceder un par de electróns; En bioquímica, unha base nitroxenada é un composto cíclico que contén nitróxeno; En bioquímica unha base de Schiff é un tipo de imina;

En electrónica e informática Nun transistor, a base é a conexión de control para a unión; En informática, a suite ofimática OpenOffice.org inclúe desde a versión 2.0 unha aplicación chamada Base. Base de datos é un conxunto organizado de datos sobre un tema específico.

En arquitectura En arquitectura, base é a parte mais baixa dunha columna, que tamén a soporta;

En socioloxía e política En política, unha base é o grupo central de votantes dun partido político;

En terminoloxía militar Unha base militar é un lugar de adestramento de forzas militares (base aérea, base naval...) ou base de operacións (zona de concentración dun grupo das forzas armadas).

En terminoloxía de tributos e finanzas

Base impoñible para o cálculo dun imposto. Base de cálculo, convención para o pago de intereses. Base monetaria, cantidade de diñeiro existente na economía dunha determinada zona ou Estado.

En deportes En baloncesto, o base é un xogador que desempeña un rol dentro do equipo; en béisbol, base é cada unha das catro pezas colocadas no campo de juego, cara a onde os atacantes se dirixen para evitar ser eliminados polo equipo defensor. Salto BASE, modalidade de paracaidismo consistente en saltar dun lugar fixo. Deporte base, deporte federado practicado pola rapazada.