Gaussian é un programa informático comercial utilizado en química computacional. A súa primeira versión desenvolveuna John Pople e o seu grupo en 1970 na Universidade Carnegie-Mellon, o seu nome procede da utilización por Pople de orbitais de tipo gaussiano para aumentar a velocidade de cálculo, aínda así os seus cálculos eran aínda limitados . As primeira versións eran de balde mercé a un programa de intercambio con outras universidades, a partir de 1980 comezou a pagarse unha pequena cota e desde 1987 distribúeo comercialmente Gaussian Inc. Pola súa versatilidade e fácil manexo converteuse no programa estándar no campo da química cuántica e emprégano químicos, enxeñeiros, bioquímicos, físicos e outros investigadores que traballan noutras áreas relacionadas coa química. O programa predí a estrutura molecular, frecuencias de vibración, enerxía e moitas outras propiedades dos sistemas moleculares

Notas

Categoría:Soporte lóxico de química computacional