A Anunciación (Annunciazione, en italiano) é un óleo sobre panel de Leonardo da Vinci, pintado entre 1472 e 1475, cunhas medidas de 98,4 × 217 cm.

Representa o arcanxo Gabriel no momento que anunciaba a María que fora escollida polo Señor para ser a nai de Xesús, de acordo co evanxeo de Lucas 1:26.

A obra permaneceu oculta até 1867, cando foi transferida desde un convento próximo a Florencia á Galería Uffizi, tamén en Florencia.

Desde entón, algúns investigadores mostraron a pintura como o primeiro traballo de Leonardo da Vinci, pero outros atribúena a outros pintores, como Ghirlandaio ou Verrocchio.

As ás do anxo foron pintadas con precisión naturalista, un exemplo da curiosidade científica típica da carreira de Leonardo. Usou o seu coñecemento sobre as ás dos paxaros para facer as do anxo. No primeiro plano, o pintor representa un tipo de tapete en flor no que todas as flores foron pintadas con precisión.

Préstamo O 13 de marzo de 2007 foi prestado ao Museo Nacional do Xapón, onde ficou até o 17 de xuño de 2007.

Véxase tamén A Anunciación (Segunda versión, pintada por Leonardo da Vinci e Lorenzo di Credi) Cadros de Leonardo da Vinci

Categoría:Obras pictóricas de Leonardo da Vinci Categoría:Pintura do Renacemento Categoría:Cadros da Galería Uffizi