Bernardo Madriñán González, nado en Donramiro (Lalín) en 1883, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Concelleiro en Lalín dende 1911, foi un dos líderes mauristas locais. En 1916 dirixiu o periódico La Lucha. Ao rematar a ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro e elixido alcalde o 15 de abril de 1930, permanecendo no cargo ata a Segunda República. Presentouse ás eleccións do 12 de abril, pero foi derrotado. Durante a República encadrouse primeiro no Partido Liberal Demócrata, e en 1935 no Bloque Nacional de Calvo Sotelo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 volveu ser nomeado alcalde de Lalín, permanecendo no cargo ata o ano seguinte.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas La Lucha, periódico maurista de Lalín artigo de Manuel Igrexas.
Categoría:Xornalistas de Lalín Categoría:Alcaldes de Lalín Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1883