O Gran Premio de Inglaterra de 2013 foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou o 30 de xuño de 2013, no Circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Inglaterra, Reino Unido.
Lewis Hamilton logrou a pole position por diante do seu compañeiro de equipo Nico Rosberg, co líder do campionato, Sebastian Vettel terceiro. Rosberg gañou a carreira por diante de Mark Webber e Fernando Alonso. Hamilton, xunto con Felipe Massa, Jean-Éric Vergne e Sergio Pérez sufriron rebentóns do pneumático traseiro esquerdo, mentres que Esteban Gutiérrez foi vítima dun rebentón do pneumático dianteiro esquerdo. Vettel sufriu unha avaría no cambio cando lideraba a carreira.
Antecedentes
O piloto australiano Mark Webber anunciou a súa retirada cando remate a tempada , antes de que dese comezo o Gran Premio, así mesmo únese ao novo programa deportivo da empresa Porsche, que inclúe o asalto ás 24 Horas de Le Mans, Mark Webber describiu como unha "honra" irse a Porsche. Kimi Räikkönen é o favorito para substituílo en Red Bull.
Clasificación As tres fases de clasificación tiveron lugar o 30 de xuño.
Q1 O Williams de Valtteri Bottas, o Sauber de Esteban Gutiérrez, o Caterham de Charles Pic, o Marussia de Jules Bianchi , o Caterham de Giedo van der Garde e o Marussia de Max Chilton foron todos eliminado na Q1.
Q2 O McLaren de Jenson Button, o Ferrari de Felipe Massa, o Toro Rosso de Jean-Eric Vergne, o McLaren de Sergio Pérez Mendoza, o Sauber de Nico Hülkenberg e o William de Pastor Maldonado foron eliminados na Q2.
Q3 Lewis Hamilton logrou a pole cun tempo de 1:29.607 seguido do seu compañeiro de equipo Nico Rosberg e o Red Bull de Sebastian Vettel seguido de Webber, Di Resta, Ricciardo, Sutil, Grosjean, Raikkonen e Alonso completando os dez primeiros. Máis tarde Di Resta foi sancionado porque o seu coche tiña 1´5 kg. menos que o peso mínimo legal, foi sancionado a saír no último posto da grella.
Carreira O Mercedes de Lewis Hamilton liderou desde o principio con Vettel detrás del, despois de que Rosberg saíra lento da liña de saída. Webber de Red Bull tivo unha mala saída e danou o seu alerón dianteiro despois de contactar co Lotus de Romain Grosjean na curva 1. Na volta 8, Hamilton sufriu un rebentón do pneumático traseiro esquerdo na recta Wellington. Massa tivo unha falla similar ao igual que posteriormente o coche de Vergne que sacou o coche de seguridade na volta 16. Vergne, finalmente retirouse da carreira con danos no piso.
Vettel liderou a carreira ata a volta 42, cando sufriu un fallo no cambio e detívose preto da liña de meta. Isto sacou un segundo coche de seguridade. Rosberg, Webber e Alonso fixeron paradas nos boxes para poñer pneumáticos novos, o Lotus de Kimi Raikkonen non parou.
A carreira reiniciouse na volta 46 con Rosberg diante. Webber e Alonso foron capaces de adiantar a Raikkonen na loita polo podio. Hamilton logrou terminar cuarto logo de recuperarse da rotura do pneumático. Massa fixo loitou para terminar sexto. Pérez de McLaren sufriu un rebentón no reinicio e viuse obrigado a retirarse con danos do coche. Grosjean tamén se retirou antes do final da carreira.
Cualificación Pos. Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Q3 Grella 1 10 Lewis Hamilton Mercedes 1:30.995 1:31.224 1:29.607 1 2 9 Nico Rosberg Mercedes 1:31.355 1:31.028 1:30.059 2 3 1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 1:31.559 1:30.990 1:30.211 3 4 2 Mark Webber Red Bull-Renault 1:31.605 1:31.002 1:30.220 4 EX 14 Paul di Resta Force India-Mercedes 1:32.062 1:31.291 1:30.736 22Paul di Resta foi excluído porque o seu coche non chegaba ao peso mínimo.Posteriormente foi trasladado á ultimo lugar da grella. 5 19 Daniel Ricciardo Toro Rosso-Ferrari 1:32.097 1:31.182 1:30.757 5 6 15 Adrian Sutil Force India-Mercedes 1:32.002 1:31.097 1:30.908 6 78 Romain Grosjean Lotus-Renault 1:31.466 1:31.530 1:30.955 7 8 7 Kimi Räikkönen Lotus-Renault 1:31.400 1:31.592 1:30.962 8 9 3 Fernando Alonso Ferrari 1:32.266 1:31.387 1:30.979 9 10 5 Jenson Button McLaren-Mercedes 1:31.979 1:31.649 10 11 4 Felipe Massa Ferrari 1:32.241 1:31.779 11 12 18 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Ferrari 1:32.105 1:31.785 12 13 6 Sergio Pérez McLaren-Mercedes 1:31.953 1:32.082 13 14 11 Nico Hülkenberg Sauber-Ferrari 1:32.168 1:32.211 14 15 16 Pastor Maldonado Williams-Renault 1:32.512 1:32.359 15 16 17 Valtteri Bottas Williams-Renault 1:32.664 16 17 12 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 1:32.666 17 18 20 Charles Pic Caterham-Renault 1:33.866 18 19 22 Jules Bianchi Marussia-Cosworth 1:34.108 19 2021 Giedo van der Garde Caterham-Renault 1:35.481 21Giedo van der Garde foi sancionado con 5 posicións por provocar o incidente con Nico Hülkenberg na carreira anterior 21 23 Max Chilton Marussia-Cosworth 1:35.858 20 107% tempo: 1:37.364 Fonte:
Carreira Pos. Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 19 Nico Rosberg Mercedes 52 1:32:59.456 2 25 22 Mark Webber Red Bull-Renault 52 +0.765 4 18 33 Fernando Alonso Ferrari 52 +7.124 9 15 410 Lewis Hamilton Mercedes 52 +7.756 1 12 57 Kimi Räikkönen Lotus-Renault 52 +11.257 810 64 Felipe Massa Ferrari 52 +14.573 118715 Adrian Sutil Force India-Mercedes 52 +16.335 66819 Daniel Ricciardo Toro Rosso-Ferrari 52 +16.543 54914 Paul di Resta Force India-Mercedes 52 +17.943 2221011 Nico Hülkenberg Sauber-Ferrari 52 +19.709 141 1116 Pastor Maldonado Williams-Renault 52 +21.135 151217 Valtteri Bottas Williams-Renault 52 +25.094 1613 5 Jenson Button McLaren-Mercedes 52 +25.900 1014 12 Esteban Gutiérrez Sauber-Ferrari 52 +26.200 1715 20 Charles Pic Caterham-Renault 52 +31.600 1816 22 Jules Bianchi Marussia-Cosworth 52 +36.000 1917 23 Max Chilton Marussia-Cosworth 52 +67.600 2018 21 Giedo van der Garde Caterham-Renault 52 +67.700 2119 8 Romain Grosjean Lotus-Renault 51 +1 volta 720 6 Sergio Pérez McLaren-Mercedes 46 +6 voltas/roda 13Ret1 Sebastian Vettel Red Bull-Renault 41 caixa de cambios 3Ret 18 Jean-Eric Vergne Toro Rosso-Ferrari 35 Picada 12 Fonte:
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos Pos. Piloto Puntos 10px 1 Sebastian Vettel 132 10px 2 Fernando Alonso 111 10px 3 Kimi Räikkönen 98 10px 4 Lewis Hamilton 89 10px 5 Mark Webber 87
Clasificación no campionato de construtores Pos. Construtor Puntos 10px 1 Red Bull-Renault 219 10px 1 3 Mercedes 171 10px 1 2 Ferrari 168 10px 4 Lotus-Renault 124 10px 5 Force India-Mercedes 59
Véxase tamén
Notas
Reino Unido Categoría:Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1