O Aeroporto de Córdoba é un aeroporto xestionado por Aena, que está localizado a 6 km ao suroeste da cidade de Córdoba.
O aeroporto conta cunha única pista, de 2 285 por 60 metros, e unha plataforma de 31 022 metros cadrados. A terminal de pasaxeiros está situada na planta baixa do edificio principal e inclúe a zona de saídas, chegadas, cafetería, servizos e oficinas de administración. O aeroporto dispón tamén dun edificio de servizos e dunha zona de aviación xeral, que ten almacéns e oficinas.
Durante un curto período, en 2008, Flysur Aerolíneas de Andalucía voou desde este aeroporto a Vigo, Barcelona e Bilbao, sendo as únicas liñas regulares que operaron nel en moito tempo. Na actualidade, non existen aeroliñas que operen no aeroporto.
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web en aena-aeropuertos.es
Cordoba Categoría:Córdoba