El Orensano foi un periódico editado en Ourense entre 1860 e 1865.
Historia e características Subtitulado Periódico de intereses morales y materiales, apareceu o 15 de outubro de 1860. Saía os días 1, 5, 10, 15, 20 e 25 de cada mes. O fundador e impresor foi Agustín Moldes. Dirixido por Joaquín Gaite Núñez, a partir do 10 de abril de 1861 foi substituído por Robustiano Pérez de Santiago. Entre os seus redactores figuraban Antonio Gaite, Juan Antonio Saco y Arce, Manuel Pereiro Rey e Alejandro Quereizaeta e entre os colaboradores Juan Manuel Paz Novoa. Incluía artigos de fondo, información de Ourense e de Galicia e o folletín Memorias históricas de la Catedral y Obispado de Orense de Juan Muñoz de la Cueva. Cesou a súa publicación o 15 de maio de 1865.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Ourense
Categoría:Prensa escrita de Ourense Categoría:1860 en Galicia