As Illas de Coral (Reef Islands) son un conxunto disperso de 16 illas na parte noroeste das Illas Salomón na provincia de Temotu. Estas illas tamén foron historicamente coñecidas polos nomes de Illas Swallow e Illas Matema.

Distribución xeográfica As illas atópanse a uns 80 km. ao norte de Nendo, a maior das Illas Santa Cruz. O centro do grupo está aproximadamente en . miniatura|dereita|550px| Mapa das illas de coral. Nukapu e Nupani non se mostran, están máis ao noroeste do grupo principal.

As illas ou atois do grupo son: Lomlom Nifiloli Fenualoa Ngalo Ngawa Ngandeli Grimbanga Temoa Grimbanga Nende Illa Matema Ngatendo Illa Pigeon

Miombilou Numa ou "Gran Arrecife" é un grupo continuo, que se estende uns 25 km. ao oeste de Nifiloli. Preto de 10 km ao sur deste grupo atópanse 4 pequenos arrecifes de coral: Malani Malim Manuwa Matumbi

Separadas destes grupos están as que se chaman "illas exteriores": Nalongo e Nupani en , que se atopa a aproximadamente 75 km ao noroeste do grupo principal. Nukapu que se atopa a uns 35 km ao noroeste do grupo principal. Makalom uns 17 km ao noroeste do grupo principal. Pileni ao redor de 9 km ao noroeste do grupo principal. Patteson Shoal uns 100 km do grupo principal

Este grupo de illas é infrecuente, xa que os habitantes da maioría das illas falan o Äiwoo, un dialecto de Melanesia, mentres que en Pileni, Matema, Nupani e Nukapu, falan Pileni, ou linguas polinesias atípicas. Os polinesios crese que son descendentes dos habitantes do norte de Tuvalu.

A poboación total das illas é de aproximadamente 5.600 habitantes segundo estimacións de 2003.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Santa Cruz e as Illas de Coral, 1908 account by W. C. O'Ferrall, Anglican missionary from 1897-1904.

Categoría:Illas das Salomón