Dominici é un cráter do planeta Mercurio. Os raios brillantes de Dominici indican que é relativamente novo, os cales aparecen en azul nas imaxes en falsas cores. Dominici tamén ten ese mesmo material azul brillante no seu chan e está rodeado por material expelido do cráter que aparece nunha falsa cor laranxa. Estas diferenzas de cor, como tamén acontece nas proximidades do cráter Titian, suxiren que o cráter de impacto escavou o material de debaixo da superficie de Mercurio, xa que a composición do subsolo difire da composición da superficie circundante do cráter. Dominici queda dentro dunha estrutura de impacto moito maior, a Conca Homer.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Cráteres de Mercurio