Estanislao Pérez Artime, coñecido como Tanis de la Riva, nado en Padrón en 1881 e finado en Vilagarcía de Arousa o 12 de marzo de 1945Necrolóxica en El Compostelano, 12-3-1945, p. 2., foi un industrial e político galego.

Traxectoria miniatura|esquerda|Foto de época, de Chicharro, do Hotel Compostela. Fillo do comerciante José Ramón Pérez de la Riva, procedente de Ortigosa de Cameros (A Rioxa), e da padronesa María Dolores Artime Pérez, irmá de Eloy Artime Pérez. Foi concelleiro en Padrón, deputado provincial dende 1919El Ideal Gallego, 16-7-1919, p. 4. e representaba no distrito de Padrón a Rafael Gasset Chinchilla e despois ao deputado Antonio Rodríguez Pérez.

En 1929 creou a empresa Lámparas Iria SA, unha fábrica de lámpadas incandescentes, sendo o propio Estanislao xerente e presidente do Consello de Administración. Tamén foi presidente do Consello de Administración do Hotel Compostela.

Foi deputado provincial en 1923 e vicepresidente da Deputación. Foi nomeado presidente da Deputación da Coruña a finais de 1935.

Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi apresado, permanecendo unha temporada no cárcere de Santiago de Compostela. Cando saíu del, deu cartos para reparar o presidio, co fin de mellorar as condicións nas que se atopaban os presos. Logo pasou a unha habitación do Hotel Compostela, baixo vixilancia pagada por el, pero unha denuncia da Falanxe de Padrón fixo que o levasen ao Sanatorio Baltar. Foi expedientado pola Comisión Provincial de Incautacións de Bens en 1937.

Vida persoal Casou con Angela Rey Baltar, irmá de Ramón Rey Baltar.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Historia da fábrica de lámpadas de Padrón

Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1945