Aiegi (en éuscaro) ou Ayegui (en castelán; ambas as formas oficiais) é un concello de Navarra, pertencente ao meiriñado de Estella. Situado a 47 km ao suroeste de Pamplona, limita ao norte con Allín, ao leste con Estella, ao sur con Aberin e Dicastillo, e ao oeste con Iguzkitza.
Demografía
Sitios de interese 200px|miniatura|esquerda|Mosteiro de Irache. Coñecida polo Mosteiro de Irache, a vila de Aiegi é un punto de paso do Camiño de Santiago que vén de Francia.
Cabe destacar tamén a cima de Montejurra, preto da localidade, así como a Fonte de Irache. Esta fonte, construída por Bodegas Irache, ten dous canos, un de auga fresca e outro de viño, para que os peregrinos repoñan as necesarias forzas para continuaren coa súa romaría.
Festividades As festas patronais celébranse do 7 ao 11 de setembro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio web oficial
Categoría:Concellos de Navarra