A araucaria australiana ou piñeiro bunia (Araucaria bidwillii), é unha árbore sempreverde conífera no xénero Araucaria, da familia Araucariaceae. É nativa do sueste de Queensland con dúas poboacións separadas no norte do trópico de Queensland, e moitos excelentes exemplares plantados en Nova Gales do Sur. Medra até 50 m de alto.
É o último sobrevivente da sección Bunya do xénero Araucaria. Esta sección era diversa e estendida durante o mesozoico con algunhas especies tendo unha morfoloxía do cono similar a A. bidwillii, que apareceu durante o xurásico. Fósiles da sección Bunya atopáronse en América do Sur e Europa.
É menos frecuente que outras araucarias coma ornamental, aínda que si o atopamos nalgúns xardíns de Galicia.
Distribución A. bidwillii ten unha distribución limitada dentro de Australia e, parte da razón para os sitios restantes, foi a deseca de Australia coa perda do bosque chuvioso e a pobre dispersión da semente. Os locais remanentes das Montañas Bunya, a área de Jimna e o monte Lewis teñen diversidade xenética.
Ecoloxía Aínda que no se teñen reportado axentes espalladores das sementes de A. bidwillii, sábese que varias especies de macrópodos e ratas son predadores das sementes e tubérculos. Rattus fuscipes almacena as sementes de bunia favorecendo a xerminación nas zonas altas dos cordais. Trichosurus spp (por exemplo Trichosurus caninus) transporta tamén as sementes. A. bidwillii ten unha semente de xerminación rara e criptoxeal, desenvolvendo un tubérculo do que despois sae unha raíz aérea. O desenvolvemento da semente dese xeito ocorre durante varios anos, suxestionándose coma estratexia para evitar os lumes. Esta xerminación é un dos principais problemas na silvicultura da especie. A explotación madeireira tamén influíu na diminución da superficie arborada. Hoxe a maioría das poboacións están protexidas en reservas formais e parques nacionais.
Os conos miden 20–35 cm de diámetro, e se desintegran cando maduran para ceibar as grandes sementes (3–4 cm).
Significado cultural A. bidwillii foi unha árbore sagrada para os pobos aborixes. O nome vernáculo é bunya ou bunya-bunya, derivado do nome usado polos aborixes australianos; chámaselle a miúdo piñeiro bunia . As sementes son comestíbeis, semellantes aos piñóns, e foron unha importante fonte de alimento para os pobos aborixes australianos; os arboredos eran con frecuencia de certas propiedades tribais. As sementes comínase crúas ou cociñadas. Tradicionalmente moíanse até facer unhas papas coa que se acostumaba facer pan. A madeira é da cor do leite e doada de traballar. É excelente para traballo interiores, coma chans, mistos, vasoiras etc.
Cultivo miniatura|Un par de plantiñas de bunia amosando o cambio de cor das follas. Os cotiledóns son hipoxeais, fincan por baixo do chan.
As noces de bunia tardan en xermolaren. As primeiras follas forman unha roseta e son de cor café escuras. As follas tórnanse verdes unha vez que o primeiro sistema ramificado do talo se desenvolve. A diferenza das follas maduras, as novas son relativamente suaves. A medida que as follas madurecen fanse duras e afiadas.
Unha vez establecidas as bunias son moi resistentes ao frío e poden ser cultivadas tan ao sur como Hobart en Australia (42° S) e Christchurch en Nova Zelandia (43° S) e tan ao norte como Sacramento, no norte do estado de California (38° N).
Árbores senlleiras en Galiza A araucaria de Carballeira, en Pontevedra figura no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
Taxonomía Araucaria bidwillii foi descrita por William Jackson Hooker e publicado en London Journal of Botany 2: 503–506, t. 18, 19, f. 1, no ano 1843. en Trópicos Sinonimia Columbea bidwillii (Hook.) Carrière Marywildea bidwillii (Hook.) A.V.Bobrov & Melikyan en PlantList Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Piñeiro do Paraná Piñeiro de Norfolk Piñeiro de Chile
Bibliografía Haines R. J. (1983) Embryo development and anatomy in Araucaria Juss. Australian Journal of Botany. 31, 125-140. Haines R. J. (1983) Seed development in Araucaria Juss. Australian Journal of Botany. 31, 255-267. Hernandez-Castillo, G. R., Stockey R. A.(2002) Palaeobotany of the Bunya Pine In (Ed. Anna Haebich) ppl 31-38. ‘On the Bunya Trail’ Queensland Review – Special Edition, Volume 9, No. 2, novembro de 2002 (University of Queensland Press: St Lucia). Pye M.G., Gadek P. A. (2004) Genetic diversity, differentiation and conservation in Araucaria bidwillii (Araucariaceae), Australia's Bunya pine. Conservation Genetics .5, 619-629. Smith I. R., Withers K., Billingsley J. (2007) Maintaining the Ancient Bunya Tree (Araucaria bidwillii Hook.) - Dispersal and Mast Years. 5th Souther Connection Conference, Adelaide, South Australia 21-25th, xaneiro de 2007. Smith I. R. (2004) Regional Forest Types-Southern Coniferous Forests In ‘Encyclopedia of Forest Sciences’ (eds. Burley J., Evans J., Youngquist J.) Elsevier: Oxford. pp 1383–1391. Smith I. R., Butler D (2002) The Bunya in Queensland’s Forests, In (Ed. Anna Haebich) ppl 31-38. ‘On the Bunya Trail’ Queensland Review – Special Edition, Volume 9, No. 2, novembro de 2002 (University of Queensland Press: St Lucia).
Ligazóns externas Gymnosperm Database: Araucaria bidwillii
Categoría:Araucaria Categoría:Coníferas Categoría:Oleaxinosas Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flora de Oceanía