As Colonias do Estreito (en inglés: Straits Settlements, en malaio: Negeri-negeri Selat, en chinés: 海峡殖民地, Hǎixiá zhímíndì), foron un grupo de territorios británicos localizados no sueste asiático, orixinalmente estabelecidos no ano 1826 como parte dos territorios controlados pola Compañía Británica das Indias Orientais, aínda que a partir do 1 de abril de 1867 quedaron baixo control directo británico.
Consistían nuns asentamentos individuais en Malaca, Penang, Dinding e Singapur, todos eles localizados na península Malaia, e dende 1907 tamén Labuan, localizado ao norte da illa de Borneo. Foron disoltas o 1 de abril de 1946 debido á reorganización británica das súas dependencias no sueste asiático despois da segunda guerra mundial. Coa excepción de Singapur, estes territorios actualmente forman parte de Malaisia.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Singapur Compañía Británica das Indias Orientais
Categoría:Estados desaparecidos de Asia Categoría:Historia de Singapur Categoría:Malaisia Categoría:Historia do Reino Unido