Denomínase complemento circunstancial (CC) á función sintáctica desempeñada por un adverbio, sintagma preposicional ou sintagma nominal que sinale algunha circunstancia de tempo, lugar ou modo ao verbo do que é complemento, ás veces mesmo pode expresar cantidade, causa, posibilidade, afirmación, negación ou finalidade. Existen, pois varios tipos:
CC de tempo: O home veu onte (Adv/CCT) O home veu luns (SN/CCT) CC de lugar: O home veu á casa (CCL) CC de modo: O home veu amodo (Adv/CCM) O home acudiu con rapidez (Sprep/CCM) CC de cantidade: O home comeu moito (Adv(CCC) CC de posibilidade: O home quizais comese (Adv/CCPos.) CC de negación: O home non comeu nunca (Adv/CCNeg.) CC de afirmación: O home si comeu (Adv/CCafirm.) CC de finalidade: O home veu para o exame (Sprep/CCFin.)
Categoría:Morfosintaxe