Vicente López Mosquera, nado en 1874Ficha en MyHeritage.es. e finado en Santiago de Compostela o 5 de abril de 1919,Necrolóxica en El Correo de Galicia, 5-4-1919, p. 2. foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo de Manuel López Vigo. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1895.Gaceta de Galicia, 26-6-1895, p. 2. Foi secretario do Concello do Pino. Foi catedrático de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela e director do Recreo Artístico e Industrial de Santiago.Vida Gallega, 15-2-1910, p. 16. Foi o primeiro presidente das Juventudes Mauristas de Compostela. Foi nomeado alcalde de Santiago de Compostela o 8 de agosto de 1917 e cesado en decembro dese ano. Continuou como concelleiro, xefe da minoría maurista no Concello e presidente do Centro Maurista.
Vida persoal
Casou na Escravitude con Manuela García Suárez en 1902. Malia falecer en Santiago de Compostela, foi conducido nun coche fúnebre até Arca (O Pino) e soterrado no panteón familiar.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1919 Categoría:Nados no século XIX Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela