Pleven (en búlgaro:Плевен, pronunciado:[ˈplɛvɛn]) é a sétima cidade en poboación de Bulgaria. Está localizada na parte norte do país, e é o centro administrativo da Provincia de Pleven, así coma da municipalidade de Pleven.

É coñecida internacionalmente polo Cerco de Pleven (ou cerco de Plevna, que é como se coñecía na antigüidade á vila) en 1877. Na actualidade constitúe o motor económico do nordeste e norte búlgaro, sendo a terceira cidade en poboación do norte do país, despois de Varna e Rousse.

Categoría:Cidades de Bulgaria