Ramón Rubido Diéguez, nado no Carballiño e finado o 11 de decembro de 1981, foi un futbolista galego de comezos do século XX que xogaba na demarcación de gardameta.

Traxectoria Rubido xa xogaba no Real Vigo Sporting Club antes da fusión deste para dar lugar ao Celta de Vigo en agosto de 1923, pasando a formar parte do equipo deste. No equipo celeste compatiría a meta cos porteiros Isidro e Lilo. Pese ao ben cuberta que estaba a portería do Celta, ao pouco do nacemento o porteiro titular, Isidro, xunto a outros tres xogadores sería primado polo Deportivo da Coruña para fichar polo equipo herculino contra as normas do momento.

A serie de reclamacións interpostas polo Celta ante a Federación Española e Galega finalmente resolvéronse coa inhabilitación do Deportivo para a competición oficial durante un ano por aliñación indebida e convidábase aos xogadores a recapacitar. Porén só Isidro volvería a disputar algún encontro co Celta antes de fichar definitivamente polo Deportivo ao cabo dun ano.

O 9 de novembro de 1924 disputouse o primeiro derbi oficial entre o Deportivo e o Celta, encontro cunha previa conflitiva ao ter recente a polémica da fuga de xogadores e estar no once inicial tres deles: Chiarroni, Otero e Ramón González. A portería céltica sería defendida polo terceiro porteiro, o propio Rubido. O resultado final foi de 3-0 a favor do Deportivo.

Finalmente deixou o equipo ao rematar a tempada 1924/25 coa chegada doutro porteiro, Emilio Ruíz.

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Futbolistas da provincia de Ourense Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Vigo Sporting Club Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Finados en 1981 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes