Blackthorn é un western dirixido por Mateo Gil que se estreou no 2011. Protagonizado por Sam Shepard, Eduardo Noriega e Stephen Rea. Written by Miguel Barroshttp://www.imdb.com/name/nm0057774/, o filme é conta a historia ficticia dun ancián Butch Cassidy que vive baixo o falso nome de James Blackthorn nunha afastada vila de Bolivia, 20 anos despois de desaparecer en 1908. Blackthorn foi rodado na Paz, Potosí e Uyuni (Bolivia).

Sinopse Trala súa fuxida dos Estados Unidos, o lendario foraxido Butch Cassidy e o seu amigo Sundance Kid morreron en Bolivia en 1908, nun tiroteo. Isto é o que di a versión oficial. Este filme, en troques, cóntanos que, despois de vivir agochado durante vinte anos, o que Cassidy desexaba era volver ó seu país. Porén cambia os seus plans cando coñece a un enxeñeiro español, que acaba de roubar unha mina que pertence ó empresario máis importante de Bolivia.

Personaxes Sam Shepard como James Blackthorn/Butch Cassidy Eduardo Noriega como Ing. Eduardo Apodaca Stephen Rea como Mackinley Magaly Solier como Yana Nikolaj Coster-Waldau como James de mozo Padraic Delaney como Sundance Kid Dominique McElligott como Etta Place Daniel Aguirre como Ivan Luis Bredow como Doutor Fernando Gamarra como Director de banco Maria Luque como Dona da taberna Cristian Mercado como Xeneral da armada boliviana

Galardóns e nomeamentos 2011: 4 Premios Goya: mellor fotografía, vestiario, dir. artística e de produción. 11 nomeamentos. 2011: Festival de Tribeca: Sección oficial competitiva internacional (longametraxes).

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes de Bolivia Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes rodados en Bolivia Categoría:Filmes ambientados en Bolivia