Manuel León Ramírez Rodríguez-Trujillo, nado na Coruña o 28 de xuño de 1869 e finado en Vilafranca do Bierzo o 1 de agosto de 1920, foi un político galego.
Traxectoria Estudou dereito na Universidade de Barcelona. Foi alcalde da Coruña de 1899 a finais de febreiro de 1900, cando presentou a súa dimisión por motivos de saúde. En 1911 foi elixido presidente da Liga de Amigos da Coruña. Finou en Vilafranca do Bierzo o 1 de agosto de 1920.La Voz de Galicia, 3-8-1920, p. 3
Vida persoal Fillo de Manuel Ramírez Carvajal e Amalia Rodríguez de Trujillo Peña, que casaron en Manila en 1858. Casou con Dolores R. Losada Rebellón.
Notas
Categoría:Alcaldes da Coruña Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1869
Categoría:Finados en 1920
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos