Francisco Maañón Couto, nado en 1911 e finado en Foz o 17 de novembro de 1963Necrolóxica en ABC, foi un comerciante e político galego.

Traxectoria Fillo de Francisco Maañón López e sobriño de Crisanto Couto Samaniego. Colaborou no periódico Despertar. Dono dun comercio de tecidos, calzado e confeccións. Foi funcionario do Instituto Social da Mariña e xefe local de Falange de Foz. Foi nomeado alcalde de Foz en 1945, permaneceu no posto ata 1952. Foi deputado provincial.

Vida persoal

Casou con María Teresa Lage Suárez.

Notas

Categoría:Alcaldes de Foz Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1963