A pica dos prados (Anthus pratensis) é un paxaro paseriforme da familia dos motacílidos.
Distribución A súa distribución é paleártica, habitando en terreos abertos, prados, cultivos e tundras. É migratoria e aniña na metade norte de Europa e Asia. Inverna no sur de Europa, no norte de África e no sur de Asia. Reside de forma permanente en Países Baixos, Reino Unido e Francia.
Comportamento e reprodución Aliméntase de insectos e dalgunhas sementes. Normalmente desprázase polo chan e fai voos curtos. Constrúe o niño con palla e musgo directamente no chan. O período de cría vai dende abril a xuño. A femia pon xeralmente dúas niñadas de catro ou seis ovos de cor gris que choca durante dúas semanas aproximadamente. As crías son alimentadas por ambos proxenitores durante 12-14 días. A pica dos prados é vítima da conduta reprodutiva parasitaria do cuco.
Subespecies Distínguense dúas subespecies de Anthus pratensis: Anthus pratensis pratensis Linnaeus, 1758 Anthus pratensis whistleri Clancey, 1942
Galería de imaxes
Notas
Categoría:Motacílidos Categoría:Animais descritos en 1758