O Estadio Municipal da Magdalena é un campo de fútbol de Vilalba propiedade do Concello homónimo. Nel xoga os seus partidos como local o Racing Vilalbés desde a súa inauguración en 1992.

Conta cun terreo de xogo de herba natural e dúas bancadas cubertas que poden acoller até 1.872 espectadores. É moi coñecido por ser o campo de probas do RC Deportivo da Coruña durante moitas das súas pretempadas xa desde a etapa do SuperDépor de Arsenio Iglesias.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do estadio en soccerway.com

Categoría:Campos de fútbol da provincia de Lugo Categoría:Vilalba