A carroucha de inverno (Erica carnea; syn. E. herbacea, E. mediterranea) é unha especie de urce nativa das áreas montañosas do centro e do sur de Europa no leste dos Alpes, onde se pode encontrar en bosques de coníferas ou en abas pedrentas.
Descrición É un arbusto miúdo que medra amodo, acadando de 10 a 25 cm de alto, perennifolio coas follas tipo arume de 4 a 8 milímetros de longo, que se presentan en espirais de catro. As flores prodúcense en acios a finais do inverno ou comezos da primavera, a miúdo comezando a florear mentres a planta aínda fica cuberta pola neve; a flor individual ten forma de campá, de 4 a 6 milímetros de longo, de cor avermellada a rosada escura, raramente branca.
Taxonomía O primeiro nome publicado para a especie foi Erica herbacea; porén, o nome E. carnea (publicado tres páxinas máis adiante no mesmo libro) é tan amplamente utilizado, e o anterior tan pouco usado, que unha oferta formal para conservar o nome E. carnea sobre E. herbacea foi aceptado polo Congreso Internacional de Botánica en 1999.
Cultivo e usos Cultívase abundantemente como planta ornamental por mor á súa floración invernal; os seus máis de 100 cultivares foron seleccionados pola súa variación na cor da flor e da folla. A maioría das especies de Erica , son tolerantes de solos calcarios así como dos solos acedos, sendo doada de cultivar en moitas zonas.
Entre os cultivares máis comúns inclúense o ‘Aurea’, ‘Springwood Mix’, ‘Springwood White’ (branco) ou ‘Winter Sport’.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Heinz-Dieter Krausch: Kaiserkron und Päonien rot. Hamburg 2003 Xaver Finkenzeller: Alpenblumen. München 2003, ISBN 3-576-11482-3 M. A. Fischer, W. Adler und K. Oswald: Exkursionsflora für Österreich, Liechtenstein und Südtirol. Linz 2005, ISBN 3-85474-140-5
Ligazóns externas
Germplasm Resources Information Network: Erica carnea ICBN: Lista de nomes
Categoría:Erica Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné