Cesáreo García Álvarez, nado en Padrenda en 1870, foi un sacerdote e xornalista galego.
Traxectoria Estudou no Seminario de Ourense e colaborou en La Voz Católica. Colaborou en La Integridad, El Noroeste, La Nueva Época de Ourense e El Castellano de Burgos, do que foi director (1901), empregando en ocasións o pseudónimo de Isaac Rego Arce. Foi cura ecónomo de Matamá e Couso e colaborou en Noticiero de Vigo, onde se amosou contrario ao socialismo. Foi promotor do movemento social-católico en Galicia. Amigo de Basilio Álvarez, na fase máis radical de Acción Gallega dedicouse a combatela. Dirixiu La Era (1911), La Voz del Condado (1913), dende o que promoveu a organización social e cooperativista identificada coa Igrexa católica. Posteriormente dirixiu La Integridad (1914-1923) e foi nomeado Catedrático de Teoloxía Fundamental e Historia Eclesiástica do seminario de Tui en 1915. En 1921 foi nomeado párroco de Carballeda. Foi un dos promotores do Sindicato Católico Vitivinícola Comarcal do Ribeiro."No Ribeiro dos anos 30 (II)" por Marcos Valcárcel, La Voz de Galicia, O Ribeiro-O Carballiño, 30-4-1991, p. 33. Amigo de Darío Álvarez Limeses, foi testemuña de descargo no seu proceso en 1936."Os primeiros fuxidos" por Darío Álvarez Blázquez, La Voz de Galicia, 1-5-1977, p. 60.
miniatura|esquerda|200px|Con José Gómez López en Carballeda, 1924.
Obras
La juventud y las congregaciones marianas, 1900. Los Juegos Florales, 1902.
Marianismo, 1915. La prensa periódica, instrumento apologético, 1916.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Carta de Cesáreo García Álvarez a Manuel Diéguez Arias solicitando lle informe sobre a próxima actuación dos propagandistas do sindicalismo católico.
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia
Categoría:Xornalistas de Padrenda Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Padrenda Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en ano descoñecido