LRE (acrónimo de Laser Ranging Equipment) foi un satélite artificial xaponés lanzado o 29 de agosto de 2001 mediante un foguete H-IIA desde o Centro Espacial de Tanegashima.
Características LRE foi un satélite pasivo lanzado co obxectivo principal de servir de satélite de probas a ser unha das cargas do novo foguete H-IIA e determinar a súa órbita grazas a posuir unha superficie recuberta de espellos retrorreflectores cos que un láser desde terra podía medir con precisión a súa órbita. O satélite tiña forma de esfera de 51 cm de diámetro e unha masa de 87 kg.
Notas
Categoría:Satélites artificiais