A hipotenusa é o lado maior dun triángulo rectángulo, e tamén o lado oposto ao ángulo recto. É posible descubrir a medida da hipotenusa mediante o teorema de Pitágoras, que a relacona cos dous catetos.
Orixe do termo A palabra hipotenusa deriva, de acordo con algunhas fontes, do grego antigo ὑποτείνουσα, unha combinación de hipo ("embaixo") e teinein ("alongar").Schwartzman, Steven The Words of Mathematics, An Etymological Dictionary of Mathematical Terms used in English, Publicado pola Asociación de matemáticos dos Estados Unidos . Outros autores suxiren que o significado orixinal en grego foi debido a un obxecto que soporta algo, ou da combinación de hipo ("embaixo") e tenuse ("lado").Romping Through Mathematics, Anderson, Raymond. (1947) .
Propiedades Teorema de Pitágoras
O teorema de Pitágoras relaciona a lonxitude da hipotenusa coa dos catetos, e di o seguinte:
"A hipotenusa ao cadrado é igual á suma dos cadrados dos catetos." Que é o mesmo que dicir:
"A hipotenusa é igual á raíz cadrada da suma dos cadrados dos catetos."
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Teorema de Pitágoras Cateto Triángulo Triángulo rectángulo Trigonometría
Categoría:Xeometría