Manuel Agudo Durán, coñecido futbolisticamente como Nolito, nado en Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) o 15 de novembro de 1986, é un futbolista español. Xoga na demarcación de dianteiro e o seu equipo actual é o Eivissa da Segunda División.

Traxectoria Comezou a xogar ao fútbol no UD Algaida de Sanlúcar na categoría de alevín. No ano 2000 ficha polo Atlético Sanluqueño CF, onde coincide con José Manuel Jurado. En 2006 ficha polo filial do Valencia CF, porén sae cedido dous anos ao Écija Balompié quedando a un paso do ascenso a Segunda División no segundo.

En xullo de 2008 é fichado polo FC Barcelona para o seu filial, por aquel entón en Segunda División B e co que acadaría o ascenso a Segunda no segundo ano en Barcelona. Na tempada 2010/11 debuta co primeiro equipo pero non se fai cun oco e deixa o equipo ao remate do ano e ficha polo SL Benfica.

No Benfica ten un gran comezo, anotando cinco goles nos primeiros cinco encontros do equipo, igualando así o récord que ostentaba o dianteiro alcumado a Panteira Nera, Eusébio. Porén foi perdendo peso no equipo e finalmente foi cedido ao Granada CF no mercado de inverno da tempada 2012/13http://futbol.as.com/futbol/2013/01/29/primera/1359468926_530303.html. No equipo andaluz disputou 16 encontros sendo unha peza importante para evitar o descenso de categoría.

No verán de 2013 fichou polo Celta de Vigo,http://www.marca.com/2013/07/02/futbol/equipos/celta/1372749375.html e tras tres temporadas no club fichou o 1 de xullo de 2016 co equipo Manchester City da Premier League nun contrato de catro anos por unha cantidade de 13,8 millóns de libras.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Sanlúcar de Barrameda Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Écija Balompié Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores do Granada CF Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Manchester City FC Categoría:Xogadores do Sevilla FC Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España Categoría:Xogadores da UD Ibiza-Eivissa Categoría:Xogadores do Atlético Sanluqueño CF