250px|miniatura|Concellos pertencentes ao Consello Comarcal do Bierzo. O Consello Comarcal do Bierzo (en castelán: Consejo Comarcal del Bierzo) é a institución pública local encargada do goberno e administración da comarca do Bierzo, a única recoñecida por LeiLei 1/91, de 14 de marzo B.O.C. e L. 20 marzo de 1991 en Castela e León debido ás peculiaridades xeográficas, históricas, sociais e económicas que a diferencian do resto da comunidade autónoma.
Símbolos Os símbolos que representan ao Bierzo son a bandeira e o escudo do Bierzo, aprobados o 14 de abril do ano 2000 polo Pleno do Consello Comarcal do Bierzo.
Goberno Dende 0 17 de xullo de 2023 o presidente é Olegario Ramón Fernández (PSOE), concelleiro de Ponferrada. A vicepresidenta é a concelleira de Toreno Lorena Fernández Bañado (PSOE). Os anteriores presidentes do Consello foron Gerardo Álvarez Courel (PSOE), Alfonso Arias (PP), José Luís Ramón (PSOE), Ricardo González Saavedra (PSOE), Jesús Esteban (PSOE), Rita Prada (PSOE) e Francisco Alfonso (PSOE).
O pleno está integrado por 27 conselleiros, representantes das seis áreas electorais da comarca. Logo das eleccións municipais de 2019 compoñen o pleno 15 conselleiros do PSOE, 11 do Partido Popular e 1 de Coalición por el Bierzo.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Consello Comarcal do Bierzo
Categoría:O Bierzo Categoría:Política de Castela e León