O termo alfinete pódese referir a: Alfinete, peza de metal, de forma, tamaño e grosor similares aos da agulla, acabada en punta nun dos extremos e nunha cabeza no outro e que se usa para prender ou suxeitar. Alfinete, peza de metal en forma de alfinete que serve para xuntar dúas partes dun vestido ou que se usa como adorno, broche. Botánica Alfinete, planta perenne medicinal da familia das valerianáceas (Centranthus ruber), que medra nos valados, de flores aromáticas de cor branca, rosa ou vermella.
Persoeiros Alfinete, Carlos Alberto Dario de Oliveira, coñecido coma Alfinete, adestrador e exfutbolista brasileiro.