thumb|Réplica da Luna 1. Baixo o nome de Luna E-1, Luna E1 ou Luna Ye-1 pola súa transliteración da lingua rusa, atópase a familia das primeiras sondas espaciais lunares soviéticas.

Características Houbo catro sondas Luna E-1: tres delas fracasaron no seu intento sen nin sequera chegar a órbita, pero a cuarta, denominada Luna E-1 4 ou Luna 1, foi o primeiro obxecto artificial en alcanzar a velocidade de escape e chegar ás inmediacións da Lúa, achegándose a só 5995 km da superficie, aínda que o obxectivo das sondas Luna E-1 era impactar contra a superficie.

As sondas Luna E-1 tiñan forma esférica, cunha masa de 361 kg e con cinco antenas e varios instrumentos sobresaíndo da superficie. As sondas non tiñan sistema de propulsión e incluían emblemas metálicos coa bandeira e o escudo da Unión Soviética.

Historial de lanzamentos

Voo Data Carga Resultado Notas 1 23 de setembro de 1958 Luna 1a Fallo Primeiro intento de lanzamento dunha Luna E-1. Desintegración do foguete aos 93 segundos debido a resonancias nos foguetes aceleradores. 2 11 de outubro de 1958 Luna 1b Fallo Desintegración do foguete aos 104 segundos debido a resonancias nos foguetes aceleradores. 3 4 de decembro de 1958 Luna 1c Fallo Apagado prematuro da etapa principal debido á falta de lubricación na bomba de peróxido de hidróxeno. 4 2 de xaneiro de 1959 Luna 1 Éxito Primeiro e último voo exitoso dunha sonda Luna E-1.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Luna E-1A Luna E-3 Luna E-6 Luna E-6LF Luna E-6LS Luna E-6M Luna E-6S Luna Ye-8 Luna Ye-8-5 Luna Ye-8-5M Luna Ye-8-LS

Categoría:Programa Luna