é un filme xaponés dirixido por Kinji Fukasaku que se estreou no 2000. Baséase na novela homónima de Koushun Takami. O filme conta a historia de Shuya Nanahara, un estudante de instituto cuxo pai acaba de suicidarse, que é obrigado polo goberno a competir nun xogo mortal onde os compañeiros de clase deben matarse entre si para poder salvarse. Esta longametraxe espertou tanta polémica internacional que foi prohibida ou deliberadamente eliminada da distribución en varios países.Garger, Ilya. "Royale Terror ." TIME. 30 de xuño de 2003.Ito, Robert. "Lesson Plan: Kill or Be Killed." The New York Times. 9 de xullo de 2006.
Sinopse No amencer dun novo milenio, o Xapón está ó bordo do colapso. Millóns de persoas quedaron sen emprego. A violencia nas escolas está descontrolada e os adolescentes rebeldes protagonizan boicots masivos. O goberno contraataca con “Battle Royale”. Cada ano, unha clase é escollida ó chou para que se enfronte nun cruel xogo de supervivencia.
Personaxes Tatsuya Fujiwara como Shuya Nanahara Aki Maeda como Noriko Nakagawa Taro Yamamoto como Shogo Kawada Takeshi Kitano como Kitano Masanobu Ando como Kazuo Kiriyama Kou Shibasaki como Mitsuko Souma Takashi Tsukamoto como Shinji Mimura Sosuke Takaoka como Hiroki Sugimura Eri Ishikawa como Yukie Utsumi Chiaki Kuriyama como Takako Chigusa Yukihiro Kotani como Yoshitoki Kuninobu Sayaka Ikeda como Megumi Eto Takayo Mimura como Kayoko Kotohiki Minami como Keiko Onuki
Galardóns e nomeamentos 2001: Festival de Sitges: Sección oficial longametraxes a concurso.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Kinji Fukasaku Categoría:Filmes rodados en Tokyo Categoría:Filmes distópicos