Ramiro Prieto Cernadas, nado en 1893 e finado en Santiago de Compostela o 25 de novembro de 1940, foi un avogado e político galego.

Traxectoria Traballou na liña ferroviaria Santiago-Pontevedra, e foi recadador de cédulas do distrito de Pontevedra. Masón, membro do Centro Republicano de Santiago en 1930, asistiu a sinatura do pacto de Lestrobe. Despois fíxose procurador dos tribunais e traballou co avogado Manuel María González López. Finou en Santiago de Compostela o 25 de novembro de 1940 aos 47 anos.Necrolóxica en El Compostelano, 25-11-1940, p. 2.Necrolóxica en El Correo Gallego, 26-11-1940, p. 4. Vida persoal Casou con Carmen López Llanera e foi pai de Ramiro e Ruth Prieto López.

Notas

Categoría:Políticos de Galicia

Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1940