Luna E-6LS, Luna E6LS ou Luna Ye-6LS pola súa transliteración da lingua rusa, é a designación dun modelo de sondas espaciais soviéticas composto por tres membros.
Características As sondas Luna E-6LS foron unha versión das sondas Luna E-6 dotadas con equipamento de radio para facer probas cos sistemas de seguimento e comunicacións terrestres soviéticos de cara ás proxectadas misións lunares tripuladas que finalmente nunca tiveron lugar. As E-6LS levaban tamén equipamento científico a bordo similiar ó das sondas tipo Luna E-6LF.
Das tres sondas Luna E-6LS que se lanzaron, unha quedou en órbita terrestre para facer probas (recibindo a denominación Kosmos 159), a segunda non chegou a órbita por problemas co foguete lanzador e a terceira entrou en órbita lunar.
Historial de lanzamentos
Voo Data Carga Resultado Notas 1 17 de maio de 1967 Kosmos 159 Éxito 2 7 de febreiro de 1968 Luna 14 Fallo A terceira etapa apaguse prematuramente debido a un consumo excesivo de propelente, impedindo a entrada en órbita. 3 7 de abril de 1968 Luna 14 Éxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Luna E-1 Luna E-1A Luna E-3 Luna E-6 Luna E-6LF Luna E-6M Luna E-6S Luna Ye-8 Luna Ye-8-5 Luna Ye-8-5M Luna Ye-8-LS
Categoría:Programa Luna