Carucedo é un concello da provincia de León, pertencente á comarca do Bierzo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística (INE) en 2012 tiña unha poboación de 655 habitantes. É considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.El plurilingüismo en España. María Teresa Turell, 2007. p 154

Xeografía Carucedo se encontra no oeste da provincia de León, na comarca do Bierzo a 24 km de Ponferrada. Está situado a 594 metros de altitude. O concello ten unha superficie de 35,27 km² e ten unha densidade de poboación de 18,4 h/km².

No concello se encontra o lago de Carucedo, cun perímetro aproximado de 5 km e unha profundidade máxima de 9 m, que ten a súa orixe na explotación aurífera das Médulas.

Demografía

Clima Carucedo ten un clima Csbaemet.es, Atlas climático ibérico. (temerado con verán seco e temerado) segundo a clasificación climática de Köppen.

17px Valores promedio en Carucedo Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Ano Temperatura media (°C) 4,5 6,1 9,1 10,6 14,0 17,7 20,4 20,3 17,3 12,7 8,2 5,2 12,2 Precipitacións (mm) 85,8 62,5 50,7 59,4 59,7 29,4 20,9 21,5 48,5 76,8 91,1 97,1 708,6''Fonte: Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Datos de precipitación para o período 1983-2003 e de temperatura para o período 1983-2003 en Carucedo

Política As últimas eleccións municipais deixaron a situación de Carucedo deste xeito: Eleccións municipais, 22 de maio de 2011Resultados das eleccións municipais do 2011 en Carucedo Partido Votos % Concelleiros PSOE 294 56,43 4 PP 214 41,07 3

Alcalde electo: Clemades Rodríguez Martínez (PSOE).

Historia Os primeiros datos documentados de Carucedo se remontan ao foro outorgado polo rei galaico-leonés Afonso IX en 1213, polo cal cada habitante debería pagar catro soldos nas calendas de marzo, polo que a cambio quedaba exento de calquera outra exacción fiscal.

Patrimonio Lago de Carucedo: a súa orixe é consecuencia da explotación aurífera romana nas Médulas. Ten un gran valor ecolóxico pola súa fauna e flora. As Médulas: paraxe formado pola antiga explotación mineira romana que extraía ouro na zona. En 1997 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Carucedo conta cunha igrexa románica que contén unha das pezas de pratería máis importantes do Bierzo datada no século XVIII.

Economía Actualmente, a agricultura e o turismo son as principais actividades económicas do concello.

Parroquias As parroquias que compoñen Carucedo son: A Barosa A Campañá O Carril Carucedo Forcadas Lago de Carucedo As Médulas Penarrubia A Valouta Vilarrando

Véxase tamén

Notas

Categoría:Carucedo