David Fernández Cantero, nado en Madrid en 1961, é un comunicador, escritor, pintor e presentador de informativos español.
Biografía Estudou Imaxe e Son, Cinematografía, Fotografía e Publicidade. As súas primeiras incursións no mundo da información foron na televisión.
Incorporouse a Televisión Española no ano 1982, onde desenvolveu a súa actividade profesional nos estudos de Prado del Rey, Torrespaña, o Centro Territorial de Andalucía así como en Roma durante tres anos, do 1988 ao 1991, como reporteiro gráfico de TVE.
Desde 2004 e ata 2010 conduciu o Telediario da fin de semana en La 1, aínda que pasou por todas as edicións dos informativos da televisión pública. Tamén estivo á fronte do prestixioso programa Informe semanal durante tres anos, de 2007 a 2010, antes asinara traballos para este programa como realizador, montador e como reporteiro. Así mesmo conduciu o programa La entrevista de Cultural.es, en Canal Cultura, ademais de presentar numerosos programas especiais de TVE. En agosto de 2010, Telecinco anunciou a súa fichaxe para presentar Informativos Telecinco diarios de sobremesa, a partir do 13 de setembro, xunto a Marta Fernández Vázquez e Sara Carbonero nos deportes.
En 2010 recibiu o Micrófono de Ouro, galardón que outorga a Federación de Asociacións de Radio e Televisión. En 2012 foi galardoado como "Home do ano" pola revista Men's Health na categoría de "Mellor Comunicador".
É pai de tres fillos.
Televisión 1982-1997 : Reporteiro gráfico dos Servizos Informativos de TVE. 1997-1999 : Informativos C.T. TVE Andalucía / Telesur 1ª e 2ª Edición. 1999-2004 : Canal 24 Horas TVE. 2004-2010: Telediario de La 1. 2010: Informativos Telecinco en Telecinco.
Libros El viaje de Tanaka, Editorial Planeta, Barcelona, 2014. ISBN 978-84-08-12549-5 El hombre del baobab, Editorial Planeta, Barcelona, 2009. ISBN 978-84-08-08527-0 Caudal de Ausencias, Editorial Morandi, Madrid, 2007. ISBN 84-8198-228-8 Amantea, RBA Libros, Barcelona, 2005. ISBN 978-84-7871-386-8
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha de Amantea na Casa del Libro Fichaxe por Telecinco
Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Presentadores de televisión da Comunidade de Madrid Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1961 Categoría:Presentadores de Televisión Española