Andrius Pojavis, nado o 25 de novembro de 1983 en Jurbarkas, RSS de Lituania, URSS, é un compositor e cantante lituano. O 20 de decembro de 2012 foi seleccionado para representar a Lituania no Festival da Canción de Eurovisión 2013 celebrado en Malmö, Suecia.Andrius Pojavis gaña a preselección lituana para representar a Lituania no Festival de Eurovisión
Traxectoria Primeiros anos Pojavis empezou a cantar a unha idade nova, durante escola secundaria, el tocaba nunha banda chamada "Ningún Heroe". Despois de graduarse na escola secundaria, Pojavis mudábase a Vilnius onde el graduabase en estudos de Historia na Universidade Lituana de Ciencias Educativas onde tocaba nunha cantidade importante de bandas, incluíndo "Hetero", que gañaban o concurso de "EuroRock" en 2006. El máis tarde mudábase a Irlanda, onde el viviría durante un ano, e empezaba a escribir material como solista. En 2012, Pojavis empezaba a gravar o seu álbum debut en estudio, en Milán, Italia. O primeiro single ,"Traukiniai", chegaba máis tarde ese ano, clasificándose dentro do TOP 20 lituano, e o seu vídeoclip era publicado na televisión nacional lituana.
Festival da Canción de Eurovisión 2013 Andrius representou a Lituania no Festival da Canción de Eurovisión 2013 coa canción "Something". Conseguiu 53 puntos na primeira semifinal, celebrada o 14 de maio, quedando no noveno posto. Na final, quedou de 22º, con 17 puntos. Durante unha rolda de prensa celebrada despois da primeira semifinal, Pojavis afirmou que lle gustaría quedar oitavo, en referencia ao seu álbum, titulado 8.https://www.youtube.com/watch?v=vU_99_eEMt4
Discografía Álbums Título Detalles Astuoni Lanzado: 2012 Selo: - Formato: CD, Descarga dixital.
Sinxelos 2012: Traukiniai 2013: Something
Vida persoal Pojavis foi un xogador de balonmán, e un árbitro da Federación de Balonmán de Europa. Vive actualmente entre Lituania e Italia, xunto coa súa muller e filla.
Notas
Categoría:Músicos de Lituania Categoría:Representantes de Lituania en Eurovisión Categoría:Nados no condado de Tauragės Categoría:Nados en 1983